28 may 2011

Brutal desaloxo dos Mossos d’Escuadra. Basta de represión! A loita continúa

Onte pola mañá os Mossos d’Escuadra e mais a Guardia Urbana de Barcelona iniciaron o desaloxo dos acampados da Plaça Catalunya. A escusa dada polo conceller d’Interior da Generalitat, Felip Puig, é a posible celebración da vitoria do Barça na Champions. Teoricamente – e así resaltaban os medios de comunicación- tratábanse soamente dunha operación “de limpeza” que buscaba retirar aqueles obxectos perigosos que puideran ser empregados nun enfrontamento.

19 may 2011

Concentración sábado 21 maio

Quedaremos as19:00h na farola do príncipe.
Se estades interesados en vir, deixade un comentario por favor. Grazas.
Esperámosvos. Un bico :)

15M


Madrid, Martes, 17 de Maio de 2011 12:26
As mobilizacións que en todo o Estado Español protagonizamos decenas de miles
de mozos, estudantes, traballadores e parados, o día 15 de maio, sorprenderon en todo o
mundo. Con todo, a explicación das mesmas é algo que todos coñecemos.