Onte pola mañá os Mossos d’Escuadra e mais a Guardia Urbana de Barcelona iniciaron o desaloxo dos acampados da Plaça Catalunya. A escusa dada polo conceller d’Interior da Generalitat, Felip Puig, é a posible celebración da vitoria do Barça na Champions. Teoricamente – e así resaltaban os medios de comunicación- tratábanse soamente dunha operación “de limpeza” que buscaba retirar aqueles obxectos perigosos que puideran ser empregados nun enfrontamento.
Sen embargo os Mossos procederon a quitar pancartas, apiñar o equipo informático … en definitiva desmontar o campamento. Posteriormente, ante a chegada de máis xente para protestar contra o desaloxo, os policías cargaron contra eles e contra os acampados sen ningún miramento. Utilizaron pelotas de goma, o que contrasta coa actitude dos acampados que foi sempre absolutamente pacífica. 46 persoas resultaron feridas pola actuación represiva dos Mossos d’Escuadra, cinco de eles tendo que ser trasladados a centros médicos.
Simultaneamente a estes feitos, en Lleida, os Mossos procedían tamén ao desaloxo dos acampados, utilizando mangueiras de auga para botarlles da praza.
¡Basta de escusas! O Goberno da Generalitat quixo desaloxar o campamento da Plaça Catalunya dende o primeiro día. Felip Puig chegou á consellería d’Interior prometendo man dura. Unha vez máis se está demostrando o verdadeiro rostro da dereita nacionalista de CiU. Dende o Sindicat d’Estudiants esiximos que cese inmediatamente a violencia contra os acampados e pedimos a inmediata dimisión de Felip Puig.
O Partido Popular e mais a Patronal en Madrid non tardaron en apoiar coas súas declaracións a brutal represión contra os compañeiros de Barcelona, á vez que aproveitan para atacar e calumniar a todos os que durante a semana pasada manifestámonos nas rúas de todo o Estado. Desta forma o Conselleiro do Interior da Comunidade de Madrid, do PP, dicía que: "No puede ser que una ciudad esté secuestrada por señores que no saben lo que reivindican y no respetan el Estado de Derecho." Para posteriormente pedir ao Ministerio do Interior e á Delegación do Goberno que inicien o desaloxo tamén en Sol.
A acción da dereita, tanto en Catalunya a través da CIU como coas declaracións do PP en Madrid, reflexa o pánico aterrador que teñen os elementos máis reaccionarios da sociedade a un movemento masivo da esquerda que está cuestionando de enriba a abaixo o actual orde de cousas e o propio sistema capitalista, un movemento que non se queda aí, se non que busca activamente una alternativa revolucionaria a esta situación.
Sen embargo, por máis que o desexen, a represión non pode frear o movemento: Onte mais de cinco mil persoas participaron en una concentración contra los recortes en la universidade pública en Plaça Sant Jaume. Realizáronse asembleas de mestres, estudantes y persoal laboral en la UB, UAB y UPC. Tamén en secundaria os estudantes mobilízanse. O mércores, varios institutos de Terrassa tomaron as rúas nunha manifestación masiva e moi combativa. O mesmo día no IES Guineueta de Barcelona os estudantes organizaron outra protesta. Hoxe se celebrará unha manifestación contra los recortes en la sanidade …
A loita continúa. As asembleas se estendéronse por numerosas localidades e barrios. O que fai falta é un chamado concreto para mobilizarnos de maneira unitaria e miles de persoas responderán. Hoxe venres, en Málaga se celebra unha manifestación para exixir aos dirixentes sindicais de CCOO y UGT que convoquen xa una folga xeral. Ese é o camiño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario