Madrid, Martes, 17 de Maio de 2011 12:26
As mobilizacións que en todo o Estado Español protagonizamos decenas de miles
de mozos, estudantes, traballadores e parados, o día 15 de maio, sorprenderon en todo o
importantes manifestacións responden á falta de traballo, á precariedade laboral aos
salarios de 600 e 700 euros, á imposibilidade de emanciparnos e á ausencia dun futuro
digno para a maioría da poboación baixo o sistema capitalista.
Durante os últimos anos tivemos que soportar recortes e axustes que unicamente
serviron para acabar con dereitos históricos que a clase traballadora conquistou con
esforzo a través da loita. O goberno do PSOE, aceptando a lóxica do mercado e
claudicando ante a gran banca e os poderes empresariais, recortou en Maio do ano pasado
o 5% dos salarios aos empregados públicos á vez que se retiraba o cheque bebé. Tomaron
máis medidas para privatizar o ensino público e a universidade (Bolonia), así como a
sanidade pública. Máis tarde chegou a Reforma Laboral que abaratou e facilitou o
despedimento a niveis nunca vistos. Despois vimos a firma por parte dos dirixentes de
CCOO e UXT co goberno e a patronal, dunha Reforma das Pensións que impón a idade de
xubilación aos 67 anos e que incrementa o cálculo dos anos cotizados, rebaixando así a
contía final das pensións. E agora xa sabemos que tras as eleccións municipais chegarán
novos ataques e recortes, como vimos en Catalunya co goberno de CIU e que foron
respondidos coa mobilización de centos de miles de traballadores e mozos.
Os ricos cada vez máis ricos
Os grandes empresarios e banqueiros non tiveron ningún rubor en escenificar,
durante as reunións mantidas na Moncloa con Zapatero, como ditan ao Goberno medidas
no seu exclusivo interese, e que este aplica sen a menor perda de tempo. Cando case cinco
millóns de persoas engrosan as listas do paro, cando o desemprego xuvenil ronda o 50%,
as grandes empresas obteñen beneficios multimillonarios, incrementándoos en moitas
ocasións en base a novos despedimentos. É o caso de Telefónica, aínda que non o único.
Grazas á súa privatización os accionistas e directivos de Telefónica embolsáronse soldos e
bonus multimillonarios que agora pretenden aumentar obscenamente, en plena crise, co
despedimento do 20% do seu persoal (uns 6.400 traballadores). Un exemplo que se pode
multiplicar con todas as grandes empresas e bancos que cotizan no famoso Ibex 35.
A responsabilidade dos dirixentes sindicais e dos partidos da esquerda
A mobilización do pasado día 15 é tamén o resultado da incapacidade que os
dirixentes dos grandes sindicatos mostraron para dar continuidade á loita do pasado 29 de
Setembro. Tras aquela Folga Xeral, cunha amplísima participación nos sectores clave da
produción e a economía, con manifestacións masivas nas rúas, cun ánimo extraordinario e
coa vontade da maioría dos traballadores e a mocidade de darlle continuidade, ampliala e
endurecela, a decisión final de Méndez e Toxo foi a de romper o camiño iniciado,
asumindo xa que logo os ataques do Goberno e dándolles na práctica un verniz de
lexitimidade. Pero levar as cousas ata ese extremo ten as súas consecuencias, e o pasado
día 15 vimos un escintileo do que esta política de pactos e
“paz social” poden provocar. Continuar a loita defendendo un programa revolucionario
Tras as manifestacións e a asemblea realizada na noite de onte na Porta do Sol
(Madrid), non o pensaron dúas veces e procederon con nocturnidade e aleivosía, en plena
madrugada, ao desaloxo dos preto de 200 compañeiros que tiñan a intención de
permanecer alí ata o domingo 22 de Maio, e que foron sacados mentres gritaban: Non á
violencia!. Coa utilización da represión policial, con cargas e unha agresividade
intolerables, coa detención de dúas decenas de compañeiros na manifestación e co
desaloxo desta madrugada, vese o temor que este movemento espertou no goberno e entre
os capitalistas. Dende o Sindicato de Estudantes solidarizámonos plenamente cos
compañeiros reprimidos por esta brutal actuación policial e esiximos a liberdade sen
cargos dos detidos.
Agora é preciso continuar participando e fortalecendo estas mobilizacións,
redobrando os esforzos na convocatoria das próximas accións e lograr que na próxima data
sexamos ata máis dos que participamos o pasado día 15. E é necesario tamén, como a
experiencia demostra, defender un programa de loita revolucionario.
Como é público, a Plataforma Democracia Real Xa!, promotora da mobilización,
expuxo reivindicacións claramente progresivas con outras que fan fincapé no apoliticismo
das manifestacións. Na nosa opinión é realmente contraproducente estimular prexuízos
contra a organización e contra a participación en política. Da mesma forma, as afirmacións
públicas de que estas mobilizacións non teñen ideoloxía, ou que cabemos todos, tanto
“conservadores como progresistas”
realidade é que as victimas da crise, do paro, a precariedade, os baixos salarios, a
represión, teñen nome e apelidos: son os traballadores, os mozos dos barrios obreiros, os
desempregados, é dicir a base social da esquerda. Nas manifestacións non había fillos de
papá dos barrios burgueses. Por iso hai que fuxir de todo oportunismo no contido da
mobilización que só serve para que os medios de comunicación nos presenten como algo
inocuo e asimilable, como un coitelo sen fío, inofensivo.
Sen dúbida o abandono que os mozos e os traballadores sufrimos por parte das
direccións sindicais e dos grandes partidos da esquerda durante moito tempo, xeraron un
ambiente de frustración e rexeitamento cara á “política oficial”. Pero é necesario resaltar
que toda a situación que padecemos é responsabilidade e consecuencia dun sistema
económico e unhas políticas moi concretas. Os culpables de que non teñamos casa, non
teñamos traballo e nos vaiamos a quedar sen pensións son os banqueiros e os grandes
empresarios que se teñen lucrado durante décadas coa explotación das nosas familias e que
unha vez chegada a crise do seu sistema estánnola facendo pagar; por suposto, tamén son
responsables aqueles partidos e organizacións que defenden os seus intereses e adoptan
medidas contra a maioría da poboación.
, esconden e ocultan a auténtica realidade. E esta Por iso, para non caer en confusións que fan o caldo gordo aos nosos inimigos, nin
desviar a atención dos responsables directos da nosa situación, hai que ser claros e
precisos. Para lograr a vitoria nesta loita é fundamental levantar un programa
revolucionario e anticapitalista, que nos permita gañar o apoio do movemento obreiro, de
centos de miles de traballadores, de miles de delegados sindicais, que tamén sofren a crise
e opóñense á política dos seus dirixentes. É necesario unificar a loita coa do movemento
obreiro, obrigando aos sindicatos a abandonar a política de pactos e claudicacións que só
nos trae novos e máis duros ataques, preparando unha resposta masiva e contundente,
incluíndo a convocatoria de novas folgas xerais, como en Grecia, en Portugal ou en
Francia.
A organización e un programa de esquerdas consecuente, revolucionario, son
elementos fundamentais nunha batalla contra quen teñen nas súas mans os resortes do
poder e o control dos grandes medios de comunicación.
Abonda xa de represión aos que loitamos polo noso futuro!
Non á criminalización da mocidade!
Continuar a loita defendendo un programa revolucionario!
A crise que a paguen os seus responsables, os capitalistas.Logo das manifestacións do 15 de maio. Non á represión da mocidade
que loita en defensa do seu futuro!
No hay comentarios:
Publicar un comentario